BIOGRAFÍA

Sheila Patricia é unha destacada cantante e compositora galega que conquistou miles de ouvintes tanto en España coma en Latinoamérica e o norte de Portugal coa súa fermosa voz.

O seu estilo orixinal e fresco é o que máis destaca desta brilante compositora, onde apreciamos fortes influéncias do folk, o fado, o jazz e o folclore latinoamericano.

Sheila Patricia defínese no xénero “World Music” mostrando elegancia e sensibilidade, a demáis de transmitir unha grande enerxía nos seus concertos. O concerto é unha viaxe de enerxías, emocións e experiencias diferentes en cada momento.
“El camino de los sueños”, do que falamos anteriormente, é unha magnífica peza gravada en vivo, especialmente para aqueles amantes do Jazz e os seus derivados.

Actualmente atópase inmersa no seu novo traballo, íntegramente en galego.

Sheila Patricia experimenta nos ultimos anos unha clara influéncia do folk pero cunha fusión con sons electrónicos.

Conserva a esencia do seu acústico inicial, pero non dubida en experimentar con estas novas texturas que a industria nos achega

nestes anos 20.

Actualmente está a gravar o seu próximo disco, producido entre Galicia e Arxentina, pola propia artista e Agustín Sánchez e gravado nun estudio no corazón de Galicia. 

Á vez traballa xunto a Raúl Kiokio en novas composicións e no espectáculo «Camiño Branco», inspirado no poema de Rosalía de castro co mesmo nome.

Ritmos de galicia, Arxentina, Chile, Cuba ou Paraguai conflúen na voz da nosa artista. Todo dende unha perspectiva de Galicia coma país emigrante e recibidor de culturas de todo o mundo.

Verbas de mulleres deste e do outro lado do charco.